Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Presentación do Catálogo de Recursos Naturais de Galicia

13/12/2023 10:00h. - 12:00h.

A Materioteca de Galicia acolle esta celebración, na que se presenta o inicio do traballo de colaboración coa Cámara Oficial Mineira de Galicia e co apoio da Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Dirección xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais. A finalidade é a creación dun Catálogo de Recursos Naturais de Galicia co obxectivo de promover e difundir o potencial mineiro galego, e en especial, o que poida considerarse de carácter estratéxico.

Este catálogo e a súa exposición, están enmarcados na Axenda Galega de Impulso de Minería Sostible 2030 (AMSG 2030), posta recentemente en marcha, contempla actuacións encamiñadas ao impulso da circularidade das materia primas minerais mediante a valorización dos residuos producidos nos establecementos mineiros. En concreto, no seu Eixe 5: “valorización económica e o emprendemento”, a Axenda contempla como unha das súas iniciativas a “análise e posta en valor do potencial mineiro galego”, dentro da cal se propón a creación dun inventario dos recursos minerais dispoñibles en Galicia que, polas súas características, poidan resultar rendibles para outros usos e sexan susceptibles de integración na Materioteca de Galicia.

Nesta iniciativa, que se mostrará neste evento, identificáronse e caracterizáronse materias primas de orixe mineral dispoñibles en Galicia coas que ampliar a Materioteca, e en especial, as que poidan considerarse de carácter estratéxico. Incluíronse os datos no Catálogo de minerais na web da Materioteca e elaborouse un mapa de recursos dispoñibles no sector mineiro.

  • Programa (pdf): https://www.materioteca.gal/wp-content/uploads/2023/11/20231213_Programa-Presentacion-Materioteca_gal.pdf
  • Formulario de inscrición:  https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/intranet/campan/inscribir/157

Para calquera dúbida ou aclaración, pode poñerse en contacto a través do correo electrónico materioteca.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 337 133.

Details

Date:
13/12/2023
Time:
10:00h. - 12:00h.

Organizer

CIS Tecnoloxía e Deseño
Phone:
981 337 133
Website:
http://cistecnoloxiaedeseno.gal

Ubicación

Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño
A Cabana, s/n
Ferrol, A Coruña, España 15590 Spain
+ Google Map
Phone:
981 337 133
Website:
http://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/

Próximos eventos

Eventos anteriores