Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Xornada “Automatizando a xeración de aplicacións de realidade virtual e aumentada”

28/04/2023 11:30h. - 13:00h.

O CIS Tecnoloxía e Deseño, da Axencia Galega de Innovación (GAIN), dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network (https://een.ec.europa.eu/) organiza o venres 28 de abril unha nova xornada sobre Tecnoloxías Innovadoras.

Entre as tecnoloxías facilitadoras 4.0 atópanse a realidade virtual (RV) e a realidade aumentada (RA), sobre as que GAIN desenvolveu varias xornadas, e agora que xa se poden considerar tecnoloxías maduras, quere seguir promocionando o seu uso entre o empresariado galego.

Nos últimos anos puidéronse comprobar os beneficios da aplicación destas tecnoloxías na empresa, pero tamén como presentan algúns obstáculos que fan difícil a súa adopción pola gran maioría dos seus posibles usuarios.

Unha desas barreiras é o esforzo que supón a xeración dunha aplicación de RV ou RA usando, por exemplo, os motores gráficos habituais, Unity ou Unreal, e as necesidades de persoal especializado para levala a cabo.

Nesta ocasión, o CIS Tecnoloxía e Deseño presenta dúas ferramentas que facilitan substancialmente o traballo necesario para eses desenvolvementos. Estas solucións son Eyeflow desenvolvida por ARSoft, e Viroo, desenvolvida por Virtualware.

Con esta actividade preténdese que os asistentes entren en contacto coas ferramentas facilitadoras e cos seus desenvolvedores para, posteriormente, poder dirixirse a eles, probar en detalle as ferramentas e con elas poder abordar desenvolvementos virtuais de forma autónoma.

Programa

Inscrición

Details

Date:
28/04/2023
Time:
11:30h. - 13:00h.

Próximos eventos

Eventos anteriores