- This event has passed.
Xornada Online: Tendencias actuais no ámbito da Propiedade Industrial
21/11/2023 9:20h. - 11:30h.
FreeO CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN), dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network, organiza o Ciclo Formativo sobre Vixilancia Tecnolóxica 2023, que ten como obxectivo axudar ás empresas galegas a adaptarse ao novo contexto empresarial, un escenario altamente competitivo e en constante cambio. Este obradoiro aborda como a vixilancia dos dereitos de Propiedade Industrial permite ás empresas coñecer as últimas innovacións, tecnoloxías e avances no seu campo, o cal é información crucial para orientar a investigación e o desenvolvemento de novas tecnoloxías e para tomar medidas proactivas de protección e prevención de posibles infraccións.
É fundamental para a competitividade empresarial que as organizacións coñezan e analicen os desafíos aos que se enfrontan no ámbito da Propiedade Industrial e estean ao tanto das tendencias na evolución das patentes, co fin de protexer e explotar a súa propiedade de maneira exclusiva.
A xornada será impartida pola relatora CATALINA MARTÍNEZ, científica titular no Instituto de Políticas y Bienes Públicos del Consejo Superior de Investigaciones Científicas. O seu ámbito de especialización céntrase nas patentes, e as políticas públicas na área de ciencia e tecnoloxía para fomentar vínculos ciencia-industria, colaboración público-privada e contratación de investigadores en empresas. Colabora regularmente, como experta, con organismos nacionais e internacionais como a OCDE, a OMPI e a Comisión Europea.
Programa
9:20 – 9:30h Presentación a cargo de María José Mariño Fontenla, Directora de Área de Centros de GAIN
9:30 – 11:20h Xornada
• Retos relacionados coa protección e a comercialización das invencións protexidas por patentes
• Iniciativas de políticas públicas a nivel estatal e europeo para fomentar a transferencia de coñecemento e a colaboración
• Tendencias recentes das patentes de orixe española
• Como acceder a información sobre patentes de forma gratuíta: exemplos prácticos
11:20 – 11:30h Rogos e preguntas
Prazas limitadas