Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Cine e Shwow Científico: Star Wars IV

22/11/2023 11:30h. - 14:00h.

No marco do programa D’tec de fomento das vocacións científico tecnolóxicas, organízanse dúas novas xornadas de Cine e show científico.

As sesións combinan a proxección dunha película cun espectáculo científico que se desenvolve a continuación, no que se analizan os contidos visionados dun modo ameno e atractivo, con experimentos e demostracións.

En cada xornada abordarase unha temática diferente, que irán desde a robótica ata a física ou as novas tecnoloxías.

Estas actividades están abertas a todos os públicos, cunha selección de películas apta para practicamente todas as idades. Estamos seguros de que será unha experiencia enriquecedora e divertida para todos os que participen.

Cine:

Star Wars. Episodio IV. Unha nova esperanza

Sinopse. A princesa Leia, líder dos rebeldes que loitan contra o imperio, é capturada polo temible Darth Vader. Ao seu rescate acoden Luke Skywalker e Han Solo, axudados polos robots R2D2 e C3PO. Son a última esperanza das forzas rebeldes para deter ao imperio e evitar que poña en marcha a súa arma máis temible: A estrela da morte.

Show científico

Na película contamos con todos os ingredientes da Ciencia Ficción moderna: naves espaciais que se comportan como avións de combate, raios láser utilizados como armas ou viaxes a velocidades lumínicas. No espectáculo analizaremos todos estes aspectos á luz da Ciencia, estudando a súa verosimilitude e as diferenzas coa realidade.

Data límite de inscrición: 20 de decembro de 2023.

Formulario de inscrición:

https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/formulario-inscricion-dtec-cine-nadal-2023-starwars-22-decembro-2023/

 

Details

Date:
22/11/2023
Time:
11:30h. - 14:00h.

Organizer

CIS Tecnoloxía e Deseño
Phone:
981 337 133
Website:
http://cistecnoloxiaedeseno.gal

Ubicación

Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño
A Cabana, s/n
Ferrol, A Coruña, España 15590 Spain
+ Google Map
Phone:
981 337 133
Website:
http://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/

Próximos eventos

Eventos anteriores