Todas as prazas cubertas.

DATAS: 28 de abril | 16 de xuño | 19 de xuño de 2023.
LUGAR: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.

NIVEL EDUCATIVO: Educación Secundaria Obrigatoria | Bacharelato | Formación Profesional.

DURACIÓN TOTAL DA ACTIVIDADE: 2 horas 15 minutos.

PLAZAS POR XORNADA: 120.

HORARIO: De 10.30 h a 13.00 h (inclúe descanso de 15 minutos).

Como parte do programa D’tec de fomento das vocacións científico tecnolóxicas, ofertamos unha actividade consistente nunha xornada de innovación que inclúe a participación nun reto grupal e un espectáculo.

Os asistentes poderán gozar en primeiro lugar dun xogo con formato de Escape Room grupal no que traballaremos contidos sobre innovación e a importancia do traballo en equipo. Ao finalizar o xogo, pasaremos á actividade principal.

De carácter eminentemente práctico, o espectáculo mergullaranos no mundo da innovación, combinando demostracións con reflexións sobre a importancia de ir cara a unha sociedade do coñecemento.

Xogo “O RETO”

Os asistentes á charla, en grupos, deberán tentar resolver un conxunto de desafíos que lles permitan atopar todas as claves necesarias para abrir a caixa que se atopa sobre o escenario. Para iso, contarán coa axuda dun chatblot en liña chamada (DTEC), que liberará pistas ao introducir determinados datos. Haberá un director do xogo, que dinamizará o proceso de resolución e axudará aos grupos en caso de “bloqueo”.

A través das diferentes actividades, exploraremos a importancia do traballo en equipo, a creatividade e a colaboración para a resolución de problemas.

Para este xogo, é aconsellable que o alumnado dispoña dos seus teléfonos móbiles, debido a que serán unha ferramenta de consulta de información. Recomendamos un mínimo dun dispositivo cada tres alumnos.

Espectáculo Explorando o futuro…inmediato

Vivimos nunha época de innovación, de cambio constante, no que aparecen case a diario materiais innovadores, aplicacións e dispositivos que prometen mellorar a nosa vida. Que leva a un produto ao éxito? Como se deseñou? Podo ser eu o creador do próximo unicornio? Son algunhas das preguntas ás que daremos resposta.

O espectáculo científico consistirá nun percorrido por materiais e tecnoloxías disruptivas que cambiarán – ou están a cambiar xa – a nosa forma de vida, reflexionando en paralelo sobre os factores que levan ao éxito ou abocan ao fracaso a un proxecto.

Contidos

  • Importancia da innovación. Cada vez innóvase máis e máis rápido. Innovar dá vantaxes sociais e competitivas, aumentando a empregabilidade e diminuíndo a precariedade. Ímosnolo/Ímonolo a perder?
  • Materiais innovadores. Parécenos que todo está inventado neste ámbito. Descubriremos a través de exemplos tan sorprendentes como líquidos illantes eléctricos ou camisetas que non se manchan, as grandes posibilidades innovadoras deste campo.
  • Realidade Virtual. O libro “Ready player one” preséntanos un futuro distópico no os humanos pasan o seu tempo de lecer nun mundo virtual. Empresas como Meta están a tentalo recrear Chegará a pasar?
  • Intelixencia Artificial. Exploraremos os últimos avances da man de ChatGPT3 e Dall-e ou Teachable Machine e reflexionaremos sobre o seu potencial de futuro e como vai afectar tanto á comunidade educativa como á sociedade.
  • Robótica. Penetrámonos nunha nova era. Empresas como Boston Dynamics ou Xiaomi están a desenvolver robots con capacidades inimaxinables hai uns anos. Descubramos as súas capacidades e utilidade.
  • Biomedicina. Cada vez avanzan máis as tecnoloxías médicas. Veremos como un lector de ondas cerebrais pode explicarnos os segredos da mente ou unha simple cámara de computador permítenos parametrizar o pulso cardíaco.
  • Reflexión final. Para finalizar a charla, convidaremos os participantes a unha reflexión final sobre a importancia da innovación e non ter teitos de cristal. Desde Galicia temos todas as ferramentas e o talento para converternos nun referente internacional en innovación.