Todas as prazas cubertas.

DATAS: 24 de abril | 25 de abril | 6 de xuño | 8 de xuño de 2023.
Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.

NIVEL EDUCATIVO: Educación Secundaria Obrigatoria | Bacharelato | Formación Profesional.

Para cada xornada organízanse dúas actividades de maneira que os centros escolares poidan participar  en ámbalas propostas. Os estudiantes asistirán ás dúas alternando as sesións.

PRAZAS POR TALLER: Máximo 30 (en total 60 estudantes por xornada).

HORARIOS:
Primeiro taller de 10.00 h a 11.30 h.
Segundo taller de 12.00 h a 13.30 h.

Taller D’tec Market lab. Deseño de produto

Como consumidores, en moitas ocasións non percibimos a complexidade que implica o lanzamento dun produto ao mercado. Para aproximarnos de forma práctica, cada grupo participante será o departamento de innovación e deseño de produto dunha empresa de cosmética. Crearemos distintos produtos (crema de mans e bombas de baño), e desenvolveremos a nosa imaxe de marca, o packaging e determinaremos o prezo de comercialización.

Contidos do taller
  • Presentación do taller. Iniciaremos a actividade cunha breve presentación e unha explicación sobre as actividades que imos levar a cabo. Tras esta contextualización, indicaremos as actividades prácticas.
  • Desenvolvemento de produtos. Exploraremos o traballo de laboratorio de química mentres desenvolvemos dous produtos cosméticos: Bombas de baño e cremas hidratantes.
  • Xa temos un produto, agora debemos comercializalo. Para iso, levaremos a cabo os pasos necesario para a súa comercialización.
    • Estudo de mercado. Analizaremos á nosa clientela potencial para poder “construír” unha imaxe do produto atractiva para o noso público obxectivo.
    • Naming. Seleccionaremos nomes para os nosos produtos partindo da nosa análise de mercado.
    • Deseño gráfico. Xa temos o deseño, debemos deseñar unha imaxe acorde aos nosos intereses comerciais.
    • Packaging. É fundamental dar ao noso produto unha imaxe adecuada ao que queremos transmitir. Para explorar este campo, prototiparemos a embalaxe.
    • Prezo de venda. O prezo non se limita a calcular canto nos custan os materiais. Persoal, amortizacións, seguros…descubriremos todo o que hai tras o prezo dos produtos.
  • Presentación final. Para acabar o taller, cada grupo presentará o seu proxecto ao resto de asistentes. Tras iso, reflexionaremos sobre a importancia da planificación e do deseño para que un produto alcance o éxito.

Temáticas:
• Innovación
• Química
• Deseño industrial
• Deseño gráfico
• Economía

Taller D’tec Instagram AR

A Realidade Aumentada (AR) é unha ferramenta con múltiples aplicacións, que van desde o lecer e os videoxogos ao ámbito industrial. O taller ofrecerá aos participantes unha aproximación práctica ao seu uso, a través da aplicación Spark AR, que permite o desenvolvemento de contidos aumentados para a rede social Instagram.

Contidos do taller:
  • Presentación do taller. Presentación da actividade e os seus contidos.
  • Que é a AR? Breve introdución á historia da Realidade Aumentada e os seus diferentes ámbitos de aplicación.
  • Probando a AR.Utilizando tablets, probaremos diferentes aplicacións de AR para posteriormente comentar os seus proles e contras.
  • Spark Ar. Presentación da aplicación e inicio do desenvolvemento de filtros para as nosas redes sociais.
    • Iniciación ao manexo da aplicación Spark AR
    • Creación dun filtro básico en AR
    • Incorporación de elementos 3D
    • Iniciación á creación de contidos aumentados utilizando recoñecemento facial.
    • Programación dun filtro avanzado.
  • Proxecto educativo. Por equipos, o alumnado deberá desenvolver un proxecto de filtros orientados ao seu uso na aula como recurso didáctico.
  • Presentación de filtros e reflexión final sobre os usos e aplicacións das novas tecnoloxías.

Temáticas:
• Realidade Aumentada
• Innovación
• Deseño
• Novas Tecnoloxías
• Programación

 

Formulario de inscrición