O pasado xoves tivo lugar no CIS Tecnoloxía e Deseño unha sesión de formación e bootcamps destinada a facilitar a toma de decisións para a adquisición de tecnoloxías complexas en pemes da industria naval. Máis de 10 empresarios do sector participaron nesta sesión que tiña como obxectivo mellorar os procesos empresariais antes de dixitalizalos (evitar a automatización de desperdicios), elixir a tecnoloxía adecuada de acordo ás súas necesidades e controlar a xestión do cambio para beneficiarse plenamente da tecnoloxía. O obxectivo é poñer en práctica os conceptos de mapeo da cadea de valor e análise da madurez dixital das empresas participantes, a través dun caso práctico que abarque tanto os fluxos físicos como os de información.

Ademais, xerarase a capacidade de mapear a cadea de valor actual e medir e cuantificar as diferentes oportunidades de mellora, tendo en cuenta os inputs tecnolóxicos dispoñibles. Como resultado, obterase un plan de implementación a través das metodoloxías de traballo Eventos Kaizen e Proxectos Tecnolóxicos.

Esta sesión, así como outras realizadas en Portugal, forman parte de Navegando o Futuro,  un proxecto europeo que busca consolidar a transición tecnolóxica e promover a innovación no sector naval da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.