O pasado venres, 29 de outubro, Juan Rodríguez, Director do Departamento de Enerxía do Instituto Enerxético de Galicia e Oriol Sarmiento, Xerente de Cluergal, Cluster de Energías Renovables de Galicia visitaron as instalacións do CIS Tecnoloxía e Deseño, continuando coas reunións que o centro está a impulsar co fin de buscar puntos de colaboración con diferentes entidades.
Durante a súa visita mostrouse o desenvolvemento dun simulador de vernizado, realizado no marco do proxecto ERASMUS + FutureFAcing, para mostrar cómo a través das aplicacións de Realidade Virtual e Realidade Aumentada pode haber unha recollida de datos que poden proporcionar tanta información valiosa como a gráfica: por exemplo informes de pintura ou vernizado para profesorado de Formación Profesional, para destacar o caso máis recente de explotación de resultados deste proxecto.
A continuación, técnicos do CIS Tecnoloxía e Deseño mostraron a aplicación de Realidade Virtual que reproduce o Botafumeiro da catedral de Santiago de Compostela, como exemplo de cómo adaptar os datos para xerar novas representacións, neste caso as ecuacións dun péndulo. A continuación mostrouse o desenvolvemento de Realidade Virtual da fragata María Magdalena, a través da cal se pode representar como conectar a aplicacións de RV calquera tipo de instalación real coa que se poida comunicar a través dunha entrada-saída eléctrica e, finalmente, representantes de INEGA e de CLUERGAL puideron visitar a CAVE, – Cave Assisted Virtual Environment, onde coñeceron a célula de soldadura robótica do proxecto Shipbuilding e a instalación de xeración de enerxía undimotriz do proxecto Pipo.