O CIS Tecnoloxía e Deseño acolleu o I Comité de Innovación Portuaria, unha iniciativa da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao cuxo obxectivo é desenvolver accións conxuntas coa comunidade portuaria no campo da innovación buscando sinerxias para o desenvolvemento do porto do futuro. Esta primeira sesión do comité contou coa presenza de representantes de Megasa, Navantia, Pé rez Torres, FCT, Endesa, Galigrain, Forestal do Atlántico, Cofradía de Pescadores, Masol Iberia, Green Procesoil, Marpol Ferrol, Meraklogistics, Rubine e Hijos, S.L., Antón Martí n Shipping, Remolcadores e Botaman, Remolcadores do Noroeste e Sertosa Norte.