O pasado 24 de abril recibimos a 58 alumnos dentro das actividades do programa D’Tec, destinado a fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas da comunidade educativa de Galicia. Os alumnos de 1º ESO do Santiago Apóstolo de Narón tiveron ocasión de participar nos talleres D´Tec Market lab. Deseño de produto e D´Tec Instagram AR.

No primeiro taller, separouse aos alumnos en diferentes grupos. Cada un deles representaba o departamento de innovación e deseño dunha empresa de cosméticos, a súa misión principal era crear diferentes produtos e desenvolver a imaxe de marca.

No segundo taller, ensinouse aos estudantes como utilizar a realidade aumentada para o desenvolvemento de contidos en Instagram, a popular rede social.

Desde o centro, esperamos que a visita servise para ampliar os coñecementos de todos os participantes e lles axude a decidir a súa vocación no futuro.