Este xoves 8 de xuño, estudantes do IES Catabois e do IES Canido asistiron ás instalacións do centro para participar nas actividades que se organizan dentro do programa D´tec. Estes talleres teñen como principal obxectivo promover as vocacións científico-tecnolóxicas dos estudantes. O día de hoxe realizáronse:

  • Taller D’tec Market lab. Deseño de produto: os participantes convertéronse no departamento de innovación e deseño de produto dunha empresa de cosmética e crearon diversos produtos aos que,posteriormente, tiveron que desenvolvierles unha boa imaxe de marca.
  • Taller D’tec Instagram AR: no cal utilizaron a aplicación Spark AR para crear contido de realidade aumentada para a rede social Instagram.

O equipo do centro espera que disfrutasen e aprendesen moito da experiencia e que lle poida servir ao alumnado para proxectos futuros.