O proxecto OPENLABS afronta a súa recta final tras cumprir o seu obxectivo fundamental: proporcionar ao tecido empresarial as ferramentas e metodoloxías necesarias para avanzar de forma decidida cara á dixitalización e o desenvolvemento sostible. Para logralo, ao longo da súa traxectoria consolidouse unha rede de laboratorios de procesos avanzados e executouse un exhaustivo programa de apoio á innovación e capacitación que permaneceu activo dende abril de 2024 ata maio de 2026.

Co peche das actividades formativas e de asesoramento, o consorcio do proxecto prepárase para presentar os resultados globais alcanzados, intercambiar as experiencias vividas polas empresas participantes e abrir un espazo idóneo para o networking, o establecemento de novos contactos e o afianzamento das alianzas xa realizadas.

Con este propósito, celebramos a nosa xornada de peche en modalidade presencial, que terá lugar o próximo 2 de xullo en Vigo, na sede de Afundación de Abanca, baixo a organización da Universidade de Vigo.

Por que asistir?

O encontro está deseñado como un punto de reunión clave para empresas, profesionais do sector e socios do consorcio. Durante o evento exporanse as solucións tecnolóxicas e os casos de uso desenvolvidos, servindo como balance dun proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa de Cooperación Interreg España-Portugal.

Convidámosvos formalmente a reservar a data nas vosas axendas e a acompañarnos neste fito tan importante para o proxecto.

Inscricións e detalles do evento

Data: 2 de xullo de 2026.
Lugar: Sede Afundación (Vigo)
Modalidade: Presencial

Máis información e inscricións a través da seguinte ligazón :

https://openlabs-network.com/#/news/open4colab

As prazas son limitadas ata completar o aforo, polo que vos recomendamos realizar a inscrición o antes posible para asegurar a vosa asistencia. Agardámosvos!