Este luns día 17 de xullo o CIS Tecnoloxía e Deseño iniciou o campamento científico-tecnolóxico de verán para estudantes de ensinanza secundaria obrigatoria en torno aos campos do deseño e a tecnoloxía.

O campamento celebrarase do 17 ao 21 de xullo, en horario de 10 a 14 horas facilitando desta maneira a conciliación para aquelas familias que aínda non estén de vacacións.

Os participantes, agrupados por niveles de idade, disfrutarán de actividades prácticas que lles permitirán aumentar as súas destrezas e coñecementos científico-tecnolóxicos. Realizarán un amplio abano de actividades, que irán dende o desenvolvemento de contidos de Realidade Aumentada e Virtual ata un bautismo de vó con drons, a creación de software ou a fabricación de materiais innovadores.

Durante toda esta semana, un equipo de docentes expertos en educación CTIM (Ciencia Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) acompañará aos rapaces e rapazas, adaptando os contidos aos seus coñecementos previos e fomentando neles o interese pola Ciencia e a Tecnoloxía.

Esperamos que os nosos tecnólogos disfruten moito!