A directora da Axencia Galega de Innovación , Patricia Argerey, visitou hoxe en Ferrol o campamento científico no que participaron esta semana 40 alumnos da ESO.

O campamento científico-tecnolóxico D’tec, que desenvolve esta semana a súa terceira edición no CIS Tecnoloxía e Deseño, péchase coa entrega de diplomas aos asistentes.

Ademais, celebrouse a segunda sesión de cine organizada este Nadal, na que se proxectou a película de animación Robots, seguida dun espectáculo científico. Máis de 130 asistentes, sumando os alumnos que participan no campamento, e mozos espectadores da sesión de cine acompañados das súas familias, contribuíron a pechar os actos do programa D’tec para este ano 2023.