DATAS: X de X| x de x| x de s de 2025.
Lugar: CIS GALICIA. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.

NIVEL EDUCATIVO: 1º – 4º Educación Secundaria Obrigatoria.

Horario: 10:00 – 13:30 h.

Prazas: 60 estudantes.

A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, a través do CIS GALICIA, organiza novas actividades educativas e de comunicación científica ligadas á enerxía.

Nesta actividade propoñemos unha mañá adicada a experimentar e reflexionar arredor da enerxía, a súa xeración, usos e impacto no noso día a día. O alumnado participará en dinámicas prácticas e demostracións, traballando de forma activa nos dous talleres.

Para cada taller organízanse dúas sesións de maneira que o alumnado poidan participar en ámbalas propostas. En cada sesión participarán un máximo de 30 estudantes.

TALLER “MUNDOS ELÉCTRICOS”

A nosa sociedade depende en gran medida da electricidade. Para satisfacer as necesidades de consumo, precisamos xerar e transformar unha gran cantidade de enerxía. Neste taller exploraremos os conceptos fundamentais ligados á electricidade a través de experiencias prácticas e construción de dispositivos sinxelos.

Contidos

  1. Introdución á electricidade

    • Que é a electricidade?
    • Natureza da carga eléctrica: protóns e electróns.
    • Lei de Coulomb: atracción e repulsión entre cargas.
    • Electricidade estática e corrente eléctrica.
    • Magnitudes fundamentais: intensidade, voltaxe e resistencia.
    • Demostración práctica cun xerador Van de Graaff.
  2. Materiais condutores e illantes

    • Estrutura atómica e mobilidade de electróns.
    • Experiencias con metais, plásticos, solucións salinas, auga destilada, carbono, etc.
  3. Creación de circuítos eléctricos con cinta condutiva

    • Elementos dun circuíto: xeradores, receptores, condutores, interruptores, resistencias.
    • Construción de circuítos con cinta de cobre, pilas, cables e LEDs.
    • Lei de Ohm e comprobación experimental cun multímetro.
    • Circuítos en serie e paralelo.
  4. Electricidade e magnetismo

    • Relación entre electricidade e movemento.
    • Construción de motores homopolares e probas de funcionamento.
  5. Reto final: máquina garabateadora

    • Construción de máquinas autónomas con materiais de reciclaxe.
    • Competición en dúas categorías: distancia percorrida e trazado de circunferencias.

 

TALLER “DESCUBRINDO AS ENERXÍAS RENOVABLES”

O consumo enerxético global segue aumentando, facendo insostible o actual modelo baseado en combustibles fósiles. Este taller aborda a enerxía desde unha perspectiva física, explorando diferentes fontes de xeración, con especial atención ás renovables e ao papel de Galicia neste sector.

Contidos

  1. Definindo a enerxía

    • Concepto físico de enerxía e comprensión a través de experiencias prácticas.
  2. Fontes de enerxía

    • Enerxías fósiles: características e inconvenientes.
    • Enerxías renovables: vantaxes e limitacións.
    • O papel de Galicia nas renovables, en especial no ámbito eólico.
  3. Experimentando con enerxías renovables

    • Construción dun circuíto simple alimentado con placas solares.
    • Análise das súas vantaxes e limitacións.
    • Montaxe dun coche a escala alimentado cunha célula de hidróxeno.
  4. Reto: construción dun xoguete iluminado mediante enerxía eólica

    • Creación dun xoguete que obteña a enerxía necesaria para iluminarse a partir dun sistema de xeración baseado no vento.

 

 
Formulario de inscrición