O proxecto GreenHUB ten como obxectivo impulsar a valorización de residuos naturais, industriais e posconsumo, promovendo a cooperación entre entidades e empresas da Eurorrexión mediante o establecemento dun Centro de Excelencia en Economía Circular.

O 20 de abril de 2026, o PIEP – Pólo de Inovação em Engenharia de Polímeros (coordinador de GreenHUB) organiza o Workshop “Análise do Ciclo de Vida: Que é? Para que serve? Como se fai?”.

Nesta xornada abordaranse os conceptos fundamentais da metodoloxía Análise do Ciclo de Vida (ACV), as súas aplicacións prácticas e as principais etapas da súa implantación.

Pódese participar gratuitamente de forma online ou presencial (Centro de Inovaçao de Vila Nova de Cerveira – Portugal). É necesario realizar unha inscrición previa a través do Formulario de inscrición.

Horario: 12:00 – 13:00h (hora española).

Formulario de inscrición: https://forms.office.com/e/kNcv87Y3Fu