14 febreiro | 6 marzo | 3 abril | 8 maio | 5 xuño 2020

FLY THE FUTURE
En colaboración con Babcock
Neste obradoiro amosarase o lado práctico das carreiras STEM, mediante a explicación, interacción e visión dos desenvolvementos tecnolóxicos abordados pola empresa Babcock na Civil UAVs Initiative. Realizarase unha visita ás instalacións do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR), referente a nivel europeo para a realización de ensaios con vehículos non tripulados. Os estudantes tamén terán a oportunidade de ver ensaios de voo con UAVS e demostracións de simulacións de realidade virtual con lentes 3D.