A Axencia Galega de Innovación (GAIN) apoia accións para o fomento de vocacións científico-tecnolóxicas entre a xuventude a través de actividades no Parque Tecnolóxico de Galicia- Tecnópole e no Centro de Computación de Galicia (CESGA). Tamén colabora con entidades como a Fundación Eduardo Pondal e nos proxectos ESTALMAT (Estímulo do talento matemático) e G-NIGHT (Noite galega das persoas investigadoras) .

GAIN promove as súas propias iniciativas de fomento de vocacións científico-tecnolóxicas co programa D’tec no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol y co programa Voando alto, sumando vocacións no marco da Civil UAV’s Initiative.

Qué é o programa D’tec?

D’tec é un programa da Axencia Galega de Innovación desenvolto no CIS Tecnoloxía e Deseño, para o fomento das vocacións científico-tecnolóxicas.

O CIS Tecnoloxía e Deseño é un centro tecnolóxico que ten a misión reforzar a capacidade de innovación da industria galega. Como centro especializado no deseño, os materiais innovadores e a tecnoloxía, debe sumarse a este compromiso e contemplar entre os seus obxectivos fomentar o interese e a vocación dos mozos pola ciencia e a tecnoloxía nos seus ámbitos de coñecemento (Deseño, Materiais innovadores, Tecnoloxías de Realidade Virtual, Realidade Aumentada e 3D, Industria 4.0 etc). Por todo iso, desenvolveuse o programa D’tec.

A quen vai dirixido?

Vai dirixido a estudantes de primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e a toda a comunidade educativa de Galicia (mozos, profesorado e familias).

Programación de actividades

No marco desta iniciativa organízanse diferentes accións para poñer en valor a importancia da innovación, a ciencia e a tecnoloxía como unha das claves para o desenvolvemento futuro de Galicia.

Entre as actividades previstas contémplanse espectáculos, talleres, campamentos e proxectos para as aulas.

As actividades están deseñadas específicamente para cada un dos grupos de idade ás que se destinan, adaptándose os contidos aos niveis do alumnado que asiste a cada sesión.

Todas as actividades son gratuítas.

Próximas actividades

Talleres D’tec
Desenvolveranse de marzo a decembro de 2023, todos os meses lectivos, dirixidos ao alumnado de terceiro ciclo de primaria, secundaria obrigatoria, ciclos formativos e bacharelato. As actividades céntranse nos eidos de coñecemento do CIS Tecnoloxía e Deseño: Materiais innovadores, deseño e tecnoloxías de Realidade Aumentada (AR) e Virtual (VR).

Espectáculos D’tec
Celebraranse dende abril, os meses lectivos de 2023, pensados para o alumnado de secundaria obrigatoria, ciclos formativos e bacharelato A súa finalidade última é espertar no alumnado o interese pola innovación e conciencialo sobre a súa importancia social.

Campamentos científicos D’tec
Os días 3, 4 e 5 de abril celebrarase a primeira edición deste campamento científico. Durante tres xornadas, estudantes de Ferrolterra gozarán da oportunidade de levar a cabo proxectos que irán da AR e a VR á programación e ao deseño. Haberá novos campamentos en xullo e en decembro de 2023.

Cine e show científico
O programa D’tec medra máis alá da comunidade educativa, invitando ás familias a gozar de películas relacionadas coa ciencia. Tras o visionado, desenvolverase un show científico no que se analizará a verosimilitude da película con experimentos e demostracións espectaculares. se desenvolverá durante os meses de xullo e decembro de 2023.

Toda a información sobre as próximas actividades está dispoñible na siguiente ligazón.

Actividades realizadas

A través do programa D’tec, dende setembro de 2019 ata xuño de 2023, o CIS Tecnoloxía e Deseño, desenvolveu 131 actividades entre talleres, espectáculos e proxectos escolares nas aulas, nas que participaron máis de 4.800 estudantes de 95 centros.