Do 22 ao 26 de marzo celebrouse a feira AULA,  o Salón internacional del Estudiante y de la Oferta Educativa,  no recinto ferial IFEMA de Madrid.  Este ano AULA contou coa presencia de 235 entidades de 12 países e máis de 200 actividades dirixidas á orientación académica dos estudiantes. Ademáis as entidades participantes  expuxeron a súa oferta educativa aos alumnos que puideron testar novas tecnoloxías.

O salón Aula 2023, adicado este ano ás ensinanzas artísticas, foi inaugurado pola ministra de Educación y Formación Profesional, Pilar Alegría, e polo ministro de Universidades, Joan Subirats,  que visitaron os diferentes stands organizados por varios ministerios,  encabezados polo de Educación e Formación Profesional;  neste stand,  o ministerio contou cun aula-taller de Formación Profesional  no que docentes e alumnos do Centro Politécnico de Santiago levaron a cabo actividades relacionadas coas distintas titulacións de FP e con tecnoloxías relacionadas con estas titulacións.

Unha desas tecnoloxías foi o simulador de vernizado desenvolto polo CIS Tecnoloxía e Deseño ao abeiro do proxecto europeo Futurefacing,  financiado por ERASMUS+

O simulador de vernizado contou cunha boa acollida, materializada en que un gran número de visitantes probaron esta tecnoloxía,  incluída a ministra Pilar Alegría, durante a súa visita institucional de apertura do evento.