
- This event has passed.
Campamento Dtec Semana Santa 2023 no CIS Tecnoloxía e Deseño
03/04/2023 10:00h. - 05/04/2023 14:00h.

Durante os días 3, 4 e 5 de abril de 2023 o CIS Tecnoloxía e Deseño organizará un campamento no que os protagonistas serán o deseño e a tecnoloxía. Está aberto a todo o alumnado de educación secundaria obrigatoria interesado nestes campos de coñecemento.
Esta iniciativa xorde como unha nova actividade do programa D’tec, o programa para o fomento das vocacións científico-tecnolóxicas. Durante tres xornadas, os participantes realizarán un conxunto de actividades prácticas, que irán desde deseñar e producir produtos mediante impresión 3D ata familiarizarse con contornas de creación de contidos de Realidade Aumentada e Virtual ou iniciarse na programación de placas programables.
Esta actividade é totalmente gratuíta e conta nesta primeira edición cunha oferta de corenta prazas para estudantes de educación secundaria obrigatoria (12-16 anos).