Durante os días 3, 4 e 5 de abril de 2023 o CIS Tecnoloxía e Deseño organizará un campamento no que os protagonistas serán o deseño e a tecnoloxía. Está aberto a todo o alumnado de educación secundaria obrigatoria interesado por estes campos de coñecemento.

En horario de 10 a 14 horas, e agrupados por niveis de idade, os participantes aproximaranse de forma práctica aos materiais innovadores, ás novas tecnoloxías e o deseño.

Con contidos innovadores, os participantes levarán a cabo diversas actividades que cubrirán campos como o deseño industrial, a impresión 3D, o desenvolvemento de contidos de Realidade Aumentada e Virtual, a programación ou a ciberseguridade.

A actividade será guiada por monitores con ampla experiencia en educación STEM, que acompañarán aos rapaces e ás rapazas en todo o proceso de aprendizaxe, convertendo o campamento nunha oportunidade única para mergullarse na tecnoloxía e o deseño.

O campamento é gratuíto, e cunha oferta de corenta prazas, que se asignarán por orde de inscrición.

GRUPO A – 1º e 2º ESO

HORARIO

LUNS

MARTES

MÉRCORES

10:00 – 10:50

Presentación

 

Reto

Iniciación ao Hacking ético – ciberseguridade

Reto deseño foguetes de auga

+

Telemetría con Microbit

10:50 – 11:40

Iniciación ao deseño e impresión 3D con Tinkerkad

Impresión 3D

Impresora + Lápices 3D

11.40 – 12.10

DESCANSO

12:10 – 13:00

Creación de contidos AR con Cospaces

Reto con Microbit

Creación de filtros de Instagram con Spark AR

12:00 – 14:00

Iniciación aos e-téxtiles (placas programables e deseño)

Deseño con polímeros termomoldeables

Show de despedida e entrega de diplomas

GRUPO B – 3º e 4º ESO

HORARIO

LUNS

MARTES

MÉRCORES

10:00 – 10:50

Presentación

 

Reto

Impresión 3D

Impresora + Lapis 3D

Reto deseño sistema de aterraxe

+

Telemetría con Microbit

10:50 – 11:40

Iniciación aos e-téxtiles (placas programables e deseño)

Deseño con polímeros termomoldeables

11.40 – 12.10

DESCANSO

12:10 – 13:00

Deseñando con Tinkercad

Reto con Microbit

Creación de filtros de Instagram con Spark AR

12:00 – 14:00

Iniciación ao Hacking ético – ciberseguridade

Iniciación á electrónica. Montaxe e soldado de placas

Show de despedida e entrega de diplomas