- This event has passed.
Demo Day de proxectos emprendedores de base tecnolóxica no ámbito mariño-marítimo
29/03/2022 11:30h. - 18:30h.
No marco da clausura do proxecto Sherpa do Mar, o vindeiro 29 de marzo celebrarase en formato presencial e online, o Demo Day dos 12 proxectos emprendedores de base tecnolóxica no ámbito mariño-marítimo apoiados no marco do proxecto
O obxectivo do evento é que os emprendedores presenten os seus avances e propostas de valor no ámbito da Economía Azul a potenciais investidores e socios comerciais. Durante o acto haberá sesións de preguntas para que os asistentes poidan expresar as súas dúbidas e interactuar cos promotores dos proxectos emprendedores.
Tamén se promoverá o networking entre todos os participantes, sexan particulares, investidores, entidades do mundo académico ou empresarial.
Os 12 proxectos, MytUniSex, ActiveAlgae-Fykia Biotech, BIMA, SUBGO, ValBioSea, Fish&Food Technology, North Wind – Sailing For Science, Container Over Board system, Blue Bioprana, ABZU, Basemar e KERSSHIP, abranguen sectores diversos, como o acuícula, portuario, conserveiro ou turístico e aplican tecnoloxías punteiras a retos como a dixitalización, o uso sostible dos recursos, a seguridade, o ecoturismo ou a trazabilidade alimentaria.
Ademais do pitch dos proxectos emprendedores, o evento contará tamén con dúas charlas divulgativas a cargo de expertos en financiamento de proxectos de economía azul e estratexias de protección de patentes.
O evento desenvolverase en dúas modalidades:
-
Presencial, no Porto, no auditorio Mariano Gago do i3S – Instituto de Investigación e Innovación en Saúde (a participación presencial está limitada ao número de prazas dispoñibles).
-
Vía streaming, accedendo desde un ordenador ou dispositivo móbil (sen límite de participantes).
A inscrición é necesaria en calquera das dúas modalidades.
Todos os interesados en participar no evento poden inscribirse gratuitamente cubrindo o formulario dispoñible na web de Sherpa do Mar.