Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Xornada On- line: As patentes como fonte clave de información técnico – comercial

05/10/2022 9:15h. - 12:00h.

Free

O CIS Tecnoloxía e Deseño promove en 2022 un ciclo formativo de varias actividades, dirixidas específicamente a incrementar o coñecemento das empresas. Esta nova xornada estará adicada ás patentes como fonte de información.

A vixilancia estratéxica de patentes permite ás empresas dispor de información sobre o estado da arte das tecnoloxías, coñecer os novos desenvolvementos dos competidores e evitar a re-enxeñería de deseño ou procesos cos seus elevados custos asociados, así como posibles infraccións por violación da protección industrial de terceiros.
Nesta xornada veremos que información conteñen as patentes, onde buscar dita información, analizala e como aplicar os resultados obtidos.

Este taller será impartido por SERGIO LARREINA, director de consultoría estratéxica en ISERN Patentes y Marcas. Conta con 18 anos de experiencia e é profesor no Master de inteligencia competitiva da Universidade de Zaragoza.

Programa

  • 9:15 – 9:30h Presentación María José Mariño Fontenla. Directora da Área de Centros de GAIN
  • 9:30 – 11:45h Xornada
    • Definición de patente e modelo de utilidade.
    • Definición da contorna: variables.
    • Información contida nunha patente e outros documentos de propiedade industrial.
    • Como buscar patentes nos repositorios nacionais e privados.
    • Tratamento e análise da información.
    • Beneficios da vixilancia e a análise de patentes.
    • Aplicación a plans estratéxicos, financiamento público e investimentos.
  • 11:45 – 12:00h Reflexións e discusión

Prazas limitadas.
Formulario de inscrición

Programa en pdf

Details

Date:
05/10/2022
Time:
9:15h. - 12:00h.
Cost:
Free

Ubicación

Ciclo Online

Próximos eventos

Eventos anteriores