Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Workshop “Materiais e ecodeseño”. Ciclo “Sustentabilidade e circularidade dos materiais”

06/10/2022 10:00h. - 14:00h.

A Materioteca de Galicia celebra o terceiro workshop do ciclo “Sustentabilidade e circularidade dos materiais”. Nesta ocasión, o tema central será o ecodeseño, capaz de converter os materiais sostibles en protagonistas de innovadoras propostas estéticas, á vez que consegue minimizar o impacto ambiental dos produtos.

O workshop, organizado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación, terá lugar en formato híbrido presencial-online o 6 de outubro no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol).

Durante a primeira parte do workshop, que será retransmitida online, a experta en deseño CMF (cor, materiais e formas) Noemí Cortizas presentará diversos casos de aplicación deste tipo de materiais nos que, sen prexudicar a experiencia do usuario, se prioriza o respecto ás normativas europeas e os seus criterios de sostibilidade, á vez que se melloran o produto e o envase dunha marca.

A continuación, dúas empresas galegas expoñerán as súas experiencias co ecodeseño para a creación de novos produtos a partir de madeiras máis sostibles e de procedencia local: Mobalco (mobiliario de cociña) e Timbersoul by Cándido Hermida (aplicacións arquitectónicas de novos soportes estruturais de madeira).

A segunda parte do workshop consistirá nun taller práctico de carácter presencial a cargo de Materially no que tamén será presentado un estudo estratéxico sobre exemplos de materiais sostibles e as súas oportunidades de aplicación mediante o ecodeseño.

Este evento está especialmente dirixido a profesionais do deseño, da enxeñería e da construción con interese pola aplicación de novos materiais en procesos innovadores.

Details

Date:
06/10/2022
Time:
10:00h. - 14:00h.
Event Category:

Organizer

CIS Tecnoloxía e Deseño
Phone:
981 337 133
Website:
http://cistecnoloxiaedeseno.gal

Próximos eventos

Eventos anteriores