- This event has passed.
Xornada On-line: Modalidades de protección da Propiedade Industrial e Intelectual e tratamento do software
22/06/2022
O CIS Tecnoloxía e Deseño promove en 2022 un ciclo formativo de varias actividades, dirixidas especificamente a incrementar o coñecemento das empresas. Nesta primeira xornada trataremos as modalidades de protección da propiedade industrial e intelectual e tratamento do software.
A propiedade industrial e intelectual é o que identifica a empresa, achega diferenciación e seguridade xurídica. É un instrumento de calidade de fronte ao cliente, pero tamén unha fonte de información, un instrumento financeiro de primeira orde e un argumento comercial. Resulta crucial tanto para construír unha imaxe de calidade no cliente como para diferenciarse da competencia.
Por iso, é imprescindible que o persoal que está implicado nos procesos de I+D+i empresariais dispoña de competencias nestes ámbitos para poder identificar e protexer convenientemente os diferentes activos de propiedade industrial e intelectual da súa organización.
Este taller será impartido por MARIANO NIETO, Xefe do Servizo de Documentación da Oficina Española de Patentes e Marcas e desde 2001 é Técnico Superior Examinador da devandita oficina.
Nesta xornada trataranse os seguintes temas:
- Qué é a “propiedade industrial”
- Importancia da “propiedade industrial” para individuos e organizacións
- A Propiedade industrial rexistrada como medio de protección das innovacións
- Modalidades de Propiedade industrial
- A protección dos desenvolvementos de software