Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xornada On-line: Modalidades de protección da Propiedade Industrial e Intelectual e tratamento do software

22 de Xuño

O CIS Tecnoloxía e Deseño promove en 2022 un ciclo formativo de varias actividades, dirixidas especificamente a incrementar o coñecemento das empresas. Nesta primeira xornada trataremos as modalidades de protección da propiedade industrial e intelectual e tratamento do software.

A propiedade industrial e intelectual é o que identifica a empresa, achega diferenciación e seguridade xurídica. É un instrumento de calidade de fronte ao cliente, pero tamén unha fonte de información, un instrumento financeiro de primeira orde e un argumento comercial. Resulta crucial tanto para construír unha imaxe de calidade no cliente como para diferenciarse da competencia.

Por iso, é imprescindible que o persoal que está implicado nos procesos de I+D+i empresariais dispoña de competencias nestes ámbitos para poder identificar e protexer convenientemente os diferentes activos de propiedade industrial e intelectual da súa organización.

Este taller será impartido por MARIANO NIETO, Xefe do Servizo de Documentación da Oficina Española de Patentes e Marcas e desde 2001 é Técnico Superior Examinador da devandita oficina.

Nesta xornada trataranse os seguintes temas:

  • Qué é a “propiedade industrial”
  • Importancia da “propiedade industrial” para individuos e organizacións
  • A Propiedade industrial rexistrada como medio de protección das innovacións
  • Modalidades de Propiedade industrial
  • A protección dos desenvolvementos de software

PROGRAMA COMPLETO
FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Detalles

Data:
22 de Xuño

Ubicación

Ciclo Online

Próximos eventos

Eventos anteriores