
- Este evento pasou.
Taller online Vixilancia e Intelixencia nun ámbito transformador: Fabricación Avanzada
03/06/2021 9:30h. - 13:30h.

O CIS Tecnoloxía e Deseño promove en 2021 un ciclo formativo, composto por 5 actividades, dirixidas
especificamente a incrementar o coñecemento das empresas. A segunda actividade consistirá nun taller
en liña sobre Vixilancia Tecnolóxica e Intelixencia Competitiva nun ámbito transformador clave en Galicia
como é a fabricación avanzada.
Este taller será impartido por Angélica López Sobrado, xestora de mercado sénior e team leader do
equipo Inteligencia de Negocio de TECNALIA R&I.
*Este taller desenvolveráse en dúas sesións: días 3 e 10 de xuño, no mesmo horario. A inscrición será única para as dúas sesións.