Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xornada de Cine e show científico D’tec no CIS Tecnoloxía e Deseño

07/07/2023 11:30h. - 14:00h.

A Axencia Galega de Innovación, a través do CIS Tecnoloxía e Deseño, lanza unha nova actividade dentro do programa D’tec de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas. Os dous primeiros venres do mes de xullo, levaranse a cabo unhas xornadas de cine e show científico.

Estas xornadas son unha excelente oportunidade para aproximarse á ciencia e á tecnoloxía dun modo distinto, combinando a parte lúdica do cine coa espectacularidade do show científico.

Durante esta xornada proxectarase a película “Ron da Error”. A actividade está aberta a todos os públicos.

Sinopse: nun futuro próximo, unha empresa lanza ao mercado unha nova liña de robots autónomos coñecidos como B-Bots. Estes dispositivos de tamaño pequeno están deseñados para ser os compañeiros ideais das nenas, nenos, mozas e mozos. En medio de todo isto, Barney, un estudante de secundaria un pouco solitario, recibe un agasallo especial para o seu aniversario: un B-Bot chamado Ron. Con todo, pronto dáse conta de que Ron é un dispositivo defectuoso que foi descartado e vendido a un prezo máis baixo. A pesar disto, Barney decide darlle unha oportunidade ao seu novo amigo e xuntos embárcanse nunha serie de aventuras emocionantes para descubrir o verdadeiro significado da amizade.

Show científico

Dispoñeremos de robots como Barney? É realmente intelixente a Intelixencia Artificial? Que avances nos esperan nos próximos anos? Durante o show iremos contestando a estas preguntas, mentres realizamos experiencias como probar dispositivos de Realidade Virtual, analizar tecidos que parecen xurdidos do futuro ou ler as ondas cerebrais dun voluntario.

Formulario de inscrición

Detalles

Data:
07/07/2023
Hora:
11:30h. - 14:00h.

Organizador

CIS Tecnoloxía e Deseño
Teléfono:
981 337 133
Páxina web:
http://cistecnoloxiaedeseno.gal

Ubicación

Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño
A Cabana, s/n
Ferrol, A Coruña, España 15590 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 337 133
Páxina web:
http://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/

Próximos eventos

Eventos anteriores