Cargando eventos

« Todos os eventos

Xornada formativa da Academia Twin NavAux en Vigo

19 de Novembro 16:00h. - 18:00h.

O próximo 19 de novembro, ás 16:00 h, organizamos a primeira xornada formativa presencial da Academia Twin NavAux.

O proxecto POCTEP Twin NavAux, que se centra en impulsar o uso do Xemelgo Dixital (Digital Twin) na Industria Auxiliar Naval de Galicia e Norte de Portugal, parte de dúas premisas fundamentais: a tecnoloxía e a formación do persoal que ha de utilizarla.

Dentro do apartado formativo, deseñáronse dúas actividades presenciais de formación. A primeira destas xornadas formativas terá lugar en Vigo o día 19 de novembro. Para asistir, é necesaria inscrición previa xa que o número de prazas é limitado.

As investigadoras principais da Universidade Portucalense – Infante D. Enrique e da Universidade da Coruña no proxecto, Fátima Leal e Alicia Munín, impartirán unha sesión formativa onde falarán sobre Machine Learning e simulación como parte das tecnoloxías fundamentais dun Xemelgo Dixital.

Durante a sesión iranse resolvendo, en tempo real, as dúbidas que vaian xurdindo aos participantes, facendo a actividade dinámica e realmente útil, orientada a conseguir que os traballadores implicados consigan as competencias necesarias nestas tecnoloxías decisivas a día de hoxe no ámbito dos Xemelgos Dixitais, aínda que o coñecemento obtido é aplicable noutras moitas industrias da Eurorrexión.

Axenda da xornada formativa

  • 16:00 h: Machine learning en Mantemento predictivo. Relatora: Fátima Leal, investigadora Universidade Portucalense – Infante D. Enrique.
  • 17:00 h: Simulación nun Xemelgo Dixital. Relatora: Alicia Munín, investigadora Universidade da Coruña.
  • 18:00 h: Café networking.

Número de plazas: 25.

Data límite de inscrición: 18 de novembro de 2025.

Acceso al Formulario de inscripción

Detalles

Data:
19 de Novembro
Hora:
16:00h. - 18:00h.

Organizador

CIS Tecnoloxía e Deseño
Teléfono:
981 337 133
Páxina web:
http://cistecnoloxiaedeseno.gal

Ubicación

ENERGYLAB
Edificio CITEXVI, Local 1 R/ Fonte das Abelleiras, s/n Campus Universitario de Vigo
Vigo, Pontevedra 36310
+ Google Map

Próximos eventos

Eventos anteriores