
- Este evento pasou.
Xornada online Vixilancia e Intelixencia no sector da automoción
07/10/2021 9:30h. - 11:30h.

O CIS Tecnoloxía e Deseño promove en 2021 un ciclo formativo, composto por 5 actividades, dirixidas especificamente a incrementar o coñecemento das empresas. A terceira actividade consistirá nunha xornada en liña sobre Vixilancia e Intelixencia nun sector, clave en Galicia, como é a automoción.
Abordaranse temas como:
- VIXILANCIA E INTELIXENCIA SECTORIAL
- A Vixilancia e Intelixencia sectorial. Definición, descrición e beneficios
- Deseño e posta en marcha dun sistema de Vixilancia e Intelixencia Sectorial
- CASO PRÁCTICO. CÓMO SE REALIZA A VIXILANCIA E INTELIXENCIA SECTORIAL EN TECNALIA
- RECURSOS DESTACADOS DE INFORMACIÓN PARA O SECTOR
- Tanto gratuítos como de pago que axuden a monitorar o sector en relación con:
- O mercado e os seus desafíos
- Os axentes destacados a nivel rexional, nacional e internacional
- Tendencias tecnolóxicas (patentes, literatura científica, proxectos de I+D)
- Oportunidades e financiamento da I+D+i
- Feiras e eventos destacados
Este taller será impartido por Angélica López Sobrado, xestora de mercado sénior e team leader do equipo Intelixencia de Negocio de TECNALIA R&I