
- Este evento pasou.
Xornada online de peche do proxecto MANUFACTUR 4.0
03/12/2020 10:00h. - 12:00h.
A Axencia Galega de Innovación organiza a xornada de peche do proxecto MANUFACTUR 4.0 o día 03 de decembro de 2020.
A xornada dará comezo ás 10.00 (hora española), e nela expoñeranse os principais resultados alcanzados polo proxecto por parte das entidades beneficiarias.
Con este evento o CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN) dará a coñecer o concepto de Industria 4.0 que representa para a industria naval unha gran oportunidade para mellorar tanto o estaleiro como o propio proceso de construción dun buque, abrindo o camiño a unha nova era industrial.
O proxecto MANUFACTUR 4.0, liderado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) a través do CIS Tecnoloxía e Deseño, e encadrado no PROGRAMA EP-INTERREG V A ESPAÑA – PORTUGAL (POCTEP), ten como obxectivo a transferencia de maneira efectiva á industria dos sectores naval e metalúrxico de novas tecnoloxías de fabricación avanzada e baixo custo.
Abundando neste concepto, a xornada contará ademáis con Salvador Naya Fernández, Vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da Universidade de A Coruña que relatará a experiencia práctica da Unidade Mixta formada por Navantia e a Universidade de A Coruña arredor do Asteleiro do Futuro.