
- Este evento pasou.
Xornada online Desafíos e oportunidades da Vixilancia Tecnolóxica no contexto actual
28/10/2020 10:30h. - 17:00h.
Están preparadas as empresas para a seguinte revolución industrial? Cales son os principais retos de futuro que os profesionais que hoxe se adican a tarefas de Vixilancia Tecnolóxica e Intelixencia Competitiva deberán enfrontar? Con esta xornada online organizada polo CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN) preténdese discutir e revisar algunha destas cuestións.
Será a primeira de tres acción dedicadas á Vixilancia Tecnolóxica que o CIS Tecnoloxía e Deseño organizará no marco da súa experiencia en actividades e proxectos relacionados coa xestión e implantación da Vixilancia Tecnolóxica en empresas e entidades de Galicia.
Durante esta xornada o experto Enric Escorsa O´Callaghan, CEO de IALE Tecnología, abordará, entre outras cuestións, os principais retos das empresas fronte aos cambios actuais e o papel da Intelixencia Competitiva; así como un análise do crecemento exponencial da información e a multiplicidade de formatos, canles e estruturas, xunto coa crecente capacidade para procesar esta información. Por último, durante a xornada trataranse as últimas tendencias da Vixilancia Tecnolóxica: o auxe da Ciencia de datos, a aprendizaxe automática e a Intelixencia Artificial.