14 febreiro | 6 marzo | 3 abril | 8 maio | 5 xuño 2020

FLY THE FUTURE

En colaboración con Babcock

Neste obradoiro amosarase o lado práctico das carreiras STEM, mediante a explicación, interacción e visión dos desenvolvementos tecnolóxicos abordados pola empresa Babcock na Civil UAVs Initiative. Realizarase unha visita ás instalacións do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR), referente a nivel europeo para a realización de ensaios con vehículos non tripulados. Os estudantes tamén terán a oportunidade de ver ensaios de voo con UAVS e demostracións de simulacións de realidade virtual con lentes 3D.

PROGRAMA
10:00 – 10:05 Recepción
10:05 – 10:30 Presentación do programa da Civil UAVs Iniciative e dos traballos e proxectos de Babcock no Polo Aeroespacial de Galicia
10:30 – 10:50 Visita e explicación do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR); hangar e torre de control
10:50 – 11:10 Visita á pista para ver voar ao LUA, un dos dous sistemas non tripulados baseados en aeronave de tipo helicóptero. Exposición estática e dinámica do LUA
11:10 – 11:30 Charla “Ti tamén podes facer historia”
11:30 -12:00 Demostración con gafas 3D de simulacións dos desenvolvementos para incendios forestais realizados por Babcock
12:00 Despedida
Lugar: Aeródromo de Rozas – 27271 Castro de Rei (Lugo)
Duración: 2 horas
Horario: 10:00h – 12:00h