Sistema múltiple de captación e transformación de enerxía maremotriz Pysis 06

DESENVOLVEMENTO DUN SISTEMA MULTIPLE DE CAPTACION E TRANSFORMACION COMPLETA DA ENERXIA DAS ONDAS

Pipo Systems é unha empresa viguesa que traballa en enerxía maremotriz. No 2002 a empresa estaba a desenvolver un sistema múltiple de captación e transformación completa da enerxía das ondas. Para poder levar a cabo este proxecto, necesitaba mostrarlles aos seus investidores como funcionaba este sistema e o seu potencial como xerador de enerxía alternativa.

No proxecto realizouse unha simulación visual completa —tanto para visualizar en PC como a través da CAVE (Cave Automatic Virtual Environment) do CIS Tecnoloxía e Deseño— na que se mostraba o funcionamento do sistema, o cal permitiu comprobar a través das ferramentas de realidade virtual todas as potencialidades do sistema de Pipo Systems.

P.D.: Tenta chegar ao fondo do mar!

Instruccións de manexo:
Podeste mover libremente pola simulación coas teclas do cursor ou con A,W,S,D.
Podes subir e baixar coas teclas Q, Z.
Podes xirar a cabeza movendo o rato mentres pulsas o botón esquerdo do mesmo.