Robotización e dixitalización da filmación stop-motion

Desenvolvemento dun sistema de posicionamiento automático da cámara de filmación

A empresa IBCinema, produtora dedicada á filmación de vídeos e películas, cando se adentrou na filmación stop-motion (pequenos escenarios con gravación fotograma a fotograma) acudiu ao CIS Tecnoloxía e Deseño porque querían crear un sistema mecánico que lles axudase a situar de forma precisa a cámara de filmación con movemento entre fotogramas.

Propúxoselles utilizar un elemento convencional na industria, un robot, e complementalo con formación en aplicacións de renderizado das que derivarían posicionado preciso de cámara para cada fotograma (posición do robot) e mesmo fondos dixitais que se combinarían coa imaxe real.

O proxecto incluíu formación en aplicacións de render, desenvolvemento dunha aplicación conversora entre traxectorias virtuais e reais de robot e unha ferramenta de simulación da súa célula robotizada de filmación que permite comprobar unha execución segura e viable.

Empresa:
IBCINEMA
IBCINEMA software
IBCINEMA visionado