Simulador dun sistema de transporte birraíl

Desenvolvemento do modelo de simulación de comportamento do sistema de transporte birraíl de viza automoción

A empresa Viza Automoción precisaba desenvolver diversos modelos de simulación do sistema de transporte aéreo birraíl para as súas fábricas sitas no Polígono das Gándaras no Porriño (Pontevedra) e en Pilzen, na República Checa.

No ano 2000 realizárase unha validación da ferramenta de software que se ía empregar, así como a construción dun modelo dixital que reflectise fielmente o comportamento da instalación no momento en que Viza trasladaba a súa actividade dende o Polígono de Caramuxo, en Vigo, ao Polígono das Gándaras, no Porriño.

Logo de que se obtivo o modelo da instalación, fixéronse diversos traballos para analizar diferentes estratexias de produción baseándose en cambios de parámetros de funcionamento, ampliación de rutas, activación/desactivación de postos de traballo etc.

Sobre a base do bo funcionamento do desenvolvemento anterior, no ano 2004 fixéronse novos modelos dixitais para a planta de produción que Viza instalou na República Checa, o que permitiu validar o layout que debería ter a nova planta a partir dos condicionantes transmitidos pola empresa.

Empresa:
Viza automoción