
- Este evento pasou.
Cursos on-line Horizonte Europa
18/09/2023

O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN) dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network pon en marcha o próximo 18 de setembro un programa formativo on-line dirixido a formar ás pemes galegas no programa Horizonte Europa.
Este programa formativo on-line, consta de 2 cursos, un dirixido a pemes sen experiencia previa na participación no programa Horizonte Europa (10 horas) e outro a pemes con experiencia (15 horas e 1 hora de mentorización para revisar as súas ideas de proxecto despois da finalización do curso).
Para que a formación se poida desenvolver dunha maneira máis efectiva e personalizada o número de prazas é limitado.
A selección das entidades realizarase en base á información da seguinte ficha de selección.
Data límite para a inscrición: 13 de setembro de 2023
Programa pemes sen experiencia
Programa pemes con experiencia
Inscrición
Ficha de selección (importante): ademáis de cubrir o formulario de inscrición é imprescindible enviar esta ficha ao correo electrónico galactea.gain@xunta.gal)