Webinar OPENLABS transversal – Innovación aplicada o teu desenvolvemento profesional
19 de Maio 10:00h. - 11:30h.

No marco do proxecto OPENLABS, organízase este webinar transversal cuxo obxectivo é aprender a identificar as fortalezas e detectar novas oportunidades nun mercado globalizado e altamente competitivo.
A intelixencia artificial e as transformacións tecnolóxicas están cambiando profundamente a forma en que traballamos, aprendemos e innovamos. Neste contexto de cambio acelerado cada vez é máis importante que as persoas desenvolvan unha mirada estratéxica sobre o seu propio crecemento profesional.
Este webinar propón explorar como combinar autocoñecemento, pensamento de deseño e intelixencia artificial para identificar fortalezas, detectar oportunidades e desenvolver novas capacidades nunha contorna en constante evolución.
Axenda
10:00 – 10:05 Benvida e presentación do proxecto OPENLABS. M.ª Jesús Rodríguez Legarreta. Técnica do proxecto.
10:05 – 11:15 Desenvolvemento da xornada. Leticia Costas. Emprendedora social e educadora tecnológica. Fundadora de Kidcode
- Autocoñecemento e marca persoal
- A vida como proxecto estratéxico
- Como innovan as empresas máis creativas
- Como aportar valor na era da Intelixencia Artificial
11:15 – 11:30 Rolda de preguntas e respostas