Xornada de presentación dos pilotos de Xemelgo Dixital nas instalacións de Ibercisa de Vigo
18 de Decembro 11:00h. - 13:30h.

Última xornada de presentación dos pilotos de Xemelgo Dixital que desenvolveron a Universidade da Coruña e a Universidade Portucalense para as empresas Electrorayma, Ferri e Ibercisa dentro do proxecto Twin NavAux. Nesta ocasión, realizarase en Vigo, nas instalacións de Ibercisa Deck Machinery S.A. o xoves 18 de diciembre, ás 11:00 h.
Durante unhas 2 horas, as persoas que se acheguen terán a oportunidade de entrar en contacto con tres casos reais desta nova tecnoloxía dixital e comprobar se pode ser interesante para as súas empresas comezar a traballar neste campo.
Os xemelgos dixitais que se verán corresponden a un cabrestante dunha plataforma eólica mariña de Ferri, un sistema de control de auga de refrixeración dun buque de Electrorayma e unha máquina estibadora con control de tensión de Ibercisa.
Estes pilotos sentan as bases para o desenvolvemento de novas solucións e proxectos futuros baseados en Xemelgos Dixitais dentro do sector naval, apostando pola dixitalización e os sistemas preditivos, que permiten probar funcionalidades como a monitorización en tempo real, o mantemento preditivo, a optimización do deseño ou a mellora da eficiencia operativa.
Aínda que o proxecto se centra na industria de apoio á construción naval, os proxectos piloto xerados e o coñecemento obtido destes desenvolvementos teñen aplicabilidade en moitas outras industrias da Eurorrexión.
Axenda
- Presentación do proxecto Twin NavAux.
- Pilotos Xemelgo Dixital.
- Piloto Electrorayma.
- Piloto Ferri.
- Piloto Ibercisa.
- Aperitivo networking.
Data límite de inscrición: 17 de decembro de 2025.