Cargando eventos

« Todos os eventos

Webinar OPENLABS transversal – Innovación aplicada o teu desenvolvemento profesional

19 de Maio 10:00h. - 11:30h.

No marco do proxecto OPENLABS, organízase este webinar transversal cuxo obxectivo é aprender a identificar as fortalezas e detectar novas oportunidades nun mercado globalizado e altamente competitivo.

A intelixencia artificial e as transformacións tecnolóxicas están cambiando profundamente a forma en que traballamos, aprendemos e innovamos. Neste contexto de cambio acelerado cada vez é máis importante que as persoas desenvolvan unha mirada estratéxica sobre o seu propio crecemento profesional.

Este webinar propón explorar como combinar autocoñecemento, pensamento de deseño e intelixencia artificial para identificar fortalezas, detectar oportunidades e desenvolver novas capacidades nunha contorna en constante evolución.

Axenda

10:00 – 10:05 Benvida e presentación do proxecto OPENLABS. M.ª Jesús Rodríguez Legarreta. Técnica do proxecto.

10:05 – 11:15 Desenvolvemento da xornada. Leticia Costas. Emprendedora social e educadora tecnológica. Fundadora de Kidcode

  • Autocoñecemento e marca persoal
  • A vida como proxecto estratéxico
  • Como innovan as empresas máis creativas
  • Como aportar valor na era da Intelixencia Artificial

11:15 – 11:30 Rolda de preguntas e respostas

Acceso ao formulario de inscrición

Detalles

Data:
19 de Maio
Hora:
10:00h. - 11:30h.

Organizador

CIS Tecnoloxía e Deseño
Teléfono:
981 337 173
Páxina web:
http://cistecnoloxiaedeseno.gal

Ubicación

Online

Próximos eventos

Eventos anteriores