A Axencia Galega de Innovación (GAIN), a través do CIS Tecnoloxía e Deseño, organizóu o pasado 23 de setembro un evento on-line no marco do proyecto europeo User-Factor.
Durante o evento titulado “O apoio ao deseño dende entidades públicas” mostraronse diversas experiencias de apoio ao deseño mediante financiamento e titorización para plantexar algunhas conclusions sobre la forma na que poderían orientarse no futuro.
Como parte das experiencias relatadas, foron presentados os resultados do Piloto de Deseño levado a cabo pola Axencia Galega de Innovación no marco do proxecto User Factor e no que participaron 25 pemes galegas que foron mentorizadas por expertos en deseño.
Na última parte do evento, foi comentada a proposta sobre o “manifesto de capitalización” que deberá ser elaborado ao finalizar o proxecto User-Factor.
Máis información sobre o programa do evento e empresas participantes: