Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Apoio ao Deseño desde Entidades Públicas. Proxecto User-Factor

23/09/2021 10:30h. - 12:00h.

A Axencia Galega de Innovación (GAIN), a través do CIS Tecnoloxía e Deseño, organiza o evento on-line “O apoio ao deseño desde entidades públicas” no marco do proxecto europeo User-Factor.

Esta xornada, dirixida a deseñadores/as e empresas, está orientada á reflexión sobre a mellora da eficacia das accións destinadas a potenciar o deseño nas pemes tanto mediante accións de apoio financeiro como en accións de titoría ou asesoramento en deseño.

A maior efectividade destas accións de apoio ao deseño, require o coñecemento previo das necesidades das pemes en función dos  sectores nas que estas se encadran. Neste sentido é preciso contar coa colaboración de entidades e asociacións cuxa proximidade e vinculación coas empresas facilite o diagnóstico máis preciso.

Durante a sesión presentaranse conclusións sobre as experiencias de apoio ao deseño, como foi a liña de axudas ao deseño promovida polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) no período 2007-2013, ata as accións baseadas no asesoramento como o caso actual do servizo Re-acciona Innovación ou o piloto de Deseño do proxecto europeo User-Factor (Interrreg Atlantic Area) presentado pola Axencia Galega de Innoación (GAIN) a través do CIS Tecnoloxía e Deseño.

A nivel sectorial contarase coa participación de dous sectores: artesanía e madeira. A Fundación Pública Artesanía de Galicia e o Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia propoñerán orientacións e reflexións sobre as que encaixar futuras accións de impulso ao deseño nas pemes.

Programa

Formulario de inscrición

 

 

 

Detalles

Data:
23/09/2021
Hora:
10:30h. - 12:00h.
Categoría do Evento:

Ubicación

Ciclo Online

Próximos eventos

Eventos anteriores