Os centros das redes europeas de información de Galicia e norte de Portugal celebraron o pasado 10 de abril, na sede da Confederación de Empresarios de Galicia en Santiago de Compostela, a súa décima reunión anual.
O encontro serviu para reforzar o intercambio de experiencias e boas prácticas e a actividade conxunta das redes en Galicia; coñecer as actuacións das diferentes redes europeas realizadas en Galicia e no norte de Portugal o pasado ano; promover a creación de produtos e servizos conxuntos que promovan un maior coñecemento das redes e políticas europeas no territorio galego; e explorar oportunidades de colaboración entre as redes de Galicia e do norte de Portugal no presente e no próximo ano.
Este encontro enmárcase dentro das reunións que a Enterprise Europe Network, nas que participa a Axencia Galega de Innovación, mantén regularmente con distintos axentes, para actualizar e compartir servizos que se prestan e boas prácticas.
Para coñecer en detalle os servizos de transferencia de tecnoloxía de Enterprise Europe Network, consulte a seguinte ligazón:
Coñecer máis Enterprise Europe Network