O CIS Tecnoloxía e Deseño desenvolveu en colaboración co Museo da Construción Naval – EXPONAV unha aplicación de realidade virtual na que se recrean as técnicas construtivas dos estaleiros españois do século XVIII. Esta aplicación, deseñada para ser utilizada a  través do móbil por medio dunhas lentes tipo cardboard, introduce ao usuario nos estaleiros ferroláns durante a construción dunha fragata de época, desde a posta da quilla ata a saída do buque á súa primeira misión, todo iso nunha contorna inmersiva e estereoscópica.

A aplicación constitúe o primeiro paso hacia un proxecto da Fundación Exponav, máis ambicioso, que consiste no desenvolvemento dunha aplicación de realidade aumentada que permita unha visita virtual á fragata Magdalena tal e como era.