O pasado 12 de abril, visitaron as nosas instalacións máis de 130 alumnos, dos centros IES
Basanta Silva (Vilalba) e IES Maximino Romero de Lema (Zas).
O alumnado de 2º da ESO do IES Basanta Silva participaron nun reto grupal e asistiron a un
espectáculo que propón un percorrido pola innovación dende os seus inicios ata a actualidade.
Estas actividades tiñan como finalidade principal marcar a importancia da innovación ao longo da
historia, e mostrar a súa importancia para o avance da sociedade.
Durante ditas actividades rememoráronse momentos clave da evolución científico-tecnolóxica,
recreando de forma experimental as achegas e analizando a súa importancia.
Por outra banda, o alumnado de Ciclo Medio do IES Maximino Romero de Lema fixeron un
percorrido polas instalacións do CIS e experimentaron con diversos dispositivos de realidade
virtual e realidade aumentada.
Dende o CIS Tecnoloxía e Deseño queremos agradecer a presenza do alumnado e dos docentes,
e esperamos que estas actividades representen unha forma lúdica de aprender novas tecnoloxías,
para que os estudantes poidan incorporar esta aprendizaxe na súa vida diaria dunha forma
innovadora