O vindeiro 11 de Marzo celebraráse en modo online a xornada de presentación do proxecto MAINGAP, financiado polo Programa Interreg V-A España-Portugal no que a Axencia Galega de Innovación participa como entidade socia a través do CIS Tecnoloxía e Deseño.

O obxectivo desta xornada, ademáis de presentar o proxecto MAINGAP: Manufactura Innovadora na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal e as posibles aplicacións da realidade virtual e aumentada ás empresas dos sectores automoción e aeronáutico, é difundir o efecto incentivador da implantación destas Tecnoloxías 4.0 nos sectores estratéxicos para a Euro-rexión Galicia – Norte de Portugal.

Neste proxecto desenvolveránse demostradores nas tecnoloxías de:

  • loxística interna, exoesqueletos e robótica colaborativa por parte de CTAG.

  • realidade virtual e realidade aumentada por parte de CIS Tecnoloxía e Deseño- GAIN.

  • fabricación aditiva por parte, CEEIA- Centre of Engineering and Product Development.

  • fabricación dixital por parte de CCG – Centro de Computação Gráfica Universidade de Minho.

Os demostradores serán validados por oito empresas de Galicia e do Norte de Portugal que serán seleccionadas no transcurso do proxecto.