O pasado 17 de novembro recibimos a alumnos e Mestres das Escolas de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela e Escola de Deseño Picasso de A Coruña.

Estudantes de deseño de produto e deseño de moda viñeron coñecer a Materioteca de Galicia e a exposición Arquivo de Matéria Viva, unha mostra sobre a conexión dos materiais coa natureza que comezou a súa itinerancia en Galicia logo da súa exhibición na localidade portuguesa de Matosinhos con motivo da Porto Design Biennale.

A exposición, que se integra na programación de eventos da Materioteca de Galicia e do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA, pode visitarse de martes a venres con entrada libre polas mañás e baixo reserva para grupos de seis persoas como mínimo polas tardes e o luns todo o día ata o día 26 de novembro.

Información e reservas para grupos no 981 337 133 e en infocistd.gain@xunta.gal