Nestes momentos todas as prazas están cubertas.
Se desexan recibir información sobre futuras actividades do programa D’tec, pode enviarnos unha mensaxe a infocistd.gain@xunta.gal ou cubrir o formulario para que os seus datos sexan incluídos nos listados de difusión e recibir todas as nosas novas.
Este verán, o CIS Tecnoloxía e Deseño organiza un novo campamento científico-tecnolóxico para estudantes de ensinanza secundaria obrigatoria ao redor dos eidos do deseño e a tecnoloxía.
O campamento celebrarase do 17 ao 21 de xullo, en horario de 10.00 a 14.00 horas.
Os participantes, agrupados por niveis de idade, gozarán de actividades prácticas que lles permitirán aumentar as súas destrezas e coñecementos científico tecnolóxicos. Realizarán un amplo abano de actividades, que irán desde o desenvolvemento de contidos de Realidade Aumentada e Virtual ata un bautismo de voo con drons, a creación de software ou a fabricación de materiais innovadores.
Durante toda a semana, un equipo de docentes expertos en educación CTIM (Ciencia Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) acompañará aos mozos e mozas, adaptando os contidos aos coñecementos previos dos participantes e fomentando neles o interese pola Ciencia e a Tecnoloxía.
O campamento é gratuíto, e conta cunha oferta de corenta prazas, que se asignarán por orde de inscrición.
Actividades
- Retos STEAM: Actividade centrada na resolución cooperativa dun problema.
- Deseño e impresión 3D: Iniciación a impresión 3D e ao deseño de prototipos. Traballarase co programa Tinkercad desenvolvendo diseños que posteriormente serán impresos en 3D.
- Iniciación á aeronáutica. Drons. Manexo de dispositivos UAV e realización de modificiacións para adaptalos a unha misión.
- Explorando os materiais. Desenvolvemento de diferentes polímeros e análisis das súas propiedades.
- Programado con Microbit/Arduino. Levaranse a cabo diferentes actividades para iniciar aos participantes na programación a través de retos.
- Curtametraxe en stop motion. Iniciación á creación de contidos audiovisuais a través dun proxecto de animación.
- Robótica con Mbot. Actividade centrada na programación de robots. Realizaranse distintas actividades, que irán desde retos de programación á preparación dun robot para participar en combates de sumo robótico.
- Creación de contidos AR con Cospaces. Cospaces é unha plataforma en liña de programación que permite a creación de contidos de Realidade Aumentada (AR) e Virtual (VR) de forma moi simple e atractiva.
- Explorando a intelixencia artificial. Aproximación práctica ao campo da intelixencia artificial, utilizando ferramentas como Teachable Machine, Chat GPT ou Dall-e.
Data límite de inscrición: 7 de xullo de 2023.
PROGRAMA PREVISTO
GRUPO A – 1º e 2º ESO
HORARIO |
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
10:00 – 10:50 |
Presentación + Reto STEAM |
Deseñando con Tinkercad |
Construción dun sistema de rega autónoma con Microbit |
Merge Cube |
Creación dunha curtametraxe con Stop Motion |
10:50 – 11:40 |
Iniciación á aeronáutica. Drons |
Creación de contidos aumentados con Cospaces |
Explorando os materiais (II) |
||
11:40 – 12:10 |
DESCANSO |
||||
12:10 – 13:00 |
Explorando os materiais (I) |
Robótica con MBOT (I) |
Iniciación á programación |
Reto STEAM |
Iniciación á aeronáutica. Drons |
13:00 – 14:00 |
Programando con Microbit |
Impresión 3D |
Explorando a Intelixencia Artificial (AI) |
Robótica con MBOT (II) |
Show de despedida e entrega de diplomas |
GRUPO B- 3º e 4º ESO
HORARIO |
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
10:00 – 10:50 |
Presentación + Reto STEAM |
Explorando os materiais (II) |
Iniciación aos e-textiles |
Explorando os materiais (II) |
Creación dunha curtametraxe con Stop Motion |
10:50 – 11:40 |
Programando con Microbit e Arduino |
Robótica con MBOT (I) |
Merge Cube |
||
11:40 – 12:10 |
DESCANSO |
||||
12:10 – 13:00 |
Explorando a Intelixencia Artificial (AI) |
Creación de contidos aumentados con Cospaces |
Robótica con MBOT (II) |
Iniciación á aeronáutica. Drons |
Reto STEAM |
13:00 – 14:00 |
Iniciación á aeronáutica. Drons |
Construción dun sistema de rega autónoma con Microbit |
Explorando a Intelixencia Artificial (AI) |
Programando con Microbit e Arduino |
Show de despedida e entrega de diplomas |