O ano 2020 será especial por moitos motivos para o CIS Tecnoloxía e Deseño. O  29 de xullo de 2020 o CIS Tecnoloxía e Deseño celebra o seu 25 aniversario!

O centro dependente da Axencia Galega de Innovación (GAIN) trata de impulsar a innovación para xerar valor económico, social e sostible co que mellorar a competitividade do tecido industrial galego.

Dende o ano 1995 o  CIS Tecnoloxía e Deseño participa como líder ou en colaboración con entidades, organismos de investigación, asociacións ou empresas no desenvolvemento de proxectos de I+D+i con financiación pública nacional ou europea e, ademáis, proporciona servizos personalizados de apoio á innovación tecnolóxica. O CIS Tecnoloxia e Deseño sitúase ademáis coma un referente en formación nas áreas nas que desenvolve os seus proxectos,  dende a realidade virtual e aumentada ou a vixilancia tecnolóxica, pasando polo fomento das vocacións científico- tecnolóxicas ou polo deseño.

Neste último ano, e seguindo a dinámica de incorporar actividades e coñecementos novos mantida nos útimos 25 anos, no CIS Tecnoloxía e Deseño, inaugurouse a Materioteca de Galicia,  sumamos máis de 10 proxectos nacionais e europeos, máis medio millar de participantes en actividades de difusión e formación e contamos co apoio de máis de 150 entidades públicas e privadas.

Imos a polos próximos 25 anos!