A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia (GAIN), a través do CIS Tecnoloxía e Deseño, a Asociación Clúster Naval Galego (ACLUNAGA) e o Centro de Apoio Tecnológico à Indústria Metalomecânica (CATIM), organiza as xornadas learning by doing, no marco do proxecto europeo Navegando o Futuro, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través do programa POCTEP 2014 – 2020.

Nestas sesións, os participantes recibirán formación teórico-práctica sobre os demostradores desenvolvidos no proxecto “Manufactur 4.0” para achegarse ás tecnoloxías 4.0 aplicadas ao sector naval. En concreto, coñecerán o uso e aplicación de Tecnoloxías Facilitadoras Esenciais (TFE), tales como realidade virtual e aumentada, control dimensional sen contacto e fábrica virtual.

Estas accións divulgativas forman parte das iniciativas do proxecto Navegando o Futuro, cuxo obxectivo é consolidar a transición tecnolóxica e promover a innovación no sector naval da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a través da atracción de novos talentos, así como da capacitación de mandos intermedios para a adquisición de tecnoloxías avanzadas que contribúan a transformar o tecido empresarial naval.

Inscríbete. Esperámoste!

Programa

Formulario de inscrición